III e IV Xornadas

Propostas de xestión do monte

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte. Rede que nos permita ter un espazo de debate e de deseño das liñas xerais que debe seguir a valorización do monte, debullar como debe ser a relación das persoas propietarias e da veciñanza co monte e, ademais, crear o primeiro material de divulgación para os donos e donas das pequenas propiedades forestais.

Son de Monte emerxe da unión de seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para iniciar experiencias piloto de xestión do monte: a rexeneración tras un incendio, a posta en valor do rebolo e do bidueiro, a recuperación do cultivo do centeo, a multifuncionalidade, o patrimonio e a compensación do CO2 en montes comunais. 

Grupos participantes

Financia

Entidades colaboradoras

Acción: Guía didactica das “Terras comunitarias”

O Monte Veciñal en Man Común (MVMC), é un referente do traballo comunitario, da nosa historia, que se mantén vivo formando parte do presente da sociedade galega, certo é, que moi pouco ou nada difundido, polo que sería importante comprometer o seu coñecemento e defensa para que as actuais e novas xeracións asuman unha herdanza que foi transmitida de nais e pais a fillos e fillas o longo dos séculos, moi ligada o mundo rural, pero que tivo, ten e terá, unha grande incidencia na poboación urbana e na súa calidade de vida, e será clave para proxectos de posta en valor do noso rural.

A creación desta guía Didáctica pretende ser a nosa achega dende este grupo de traballo do INGATECO e a ORGANIZACION GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES.

A quen vai dirixida esta guía didáctica:

  1. A poboación escolar da ESO, e Bacharelato.
  2. Comuneiros e comuneiras.
  3. Veciñanza do rural e de zonas urbanas.

Que obxectivos se pretenden:

Que os alumnos e alumnas desas etapas educativas coñezan, comprendan e avalíen a importancia da propiedade colectiva que representaron e representan os Montes Veciñais en Man Común. Para elo, queremos destacar os seguintes aspectos:

  1. O traballo e a xestión comunitaria da terra.
  2. Identificar esos montes como parte importante da nosa historia.
  3. Os valores que representan. Terían que ser un referente para axudar a construir unha sociedade máis solidaria e cooperativa.

Metodoloxía:

Recursos didácticos a utilizar: un texto básico, conceptos moi claros, ilustracións e fotografías. Composto de tres partes:

  1. Libro/guía para profesores e profesoras, alumnos e alumnas.
  2. Guia dixital para súa presentación en pantalla.
  3. Cuestionario de seguimento e de avaliación para alumnos/as.

Acción: Monte vecinal de Man Común do Xalo

O ámbito de actuación do proxecto atópase no territorio que abrangue a propiedade do Monte Veciñal en Man Común Xalo. Trátase dunha zona cun gran valor ecolóxico e ambiental, que forma parte dunha Reserva da Biosfera e consta dun destacado valor natural. A súa particular orografía e a súa condición de monte “virxe” ofrece un marco incomparable para a realización de actividades relacionadas coa natureza e o patrimonio, cuestión que se acentúa dada a súa proximidade respecto á cidade de A Coruña e aos núcleos periféricos circundantes. Ademais, a súa condición de “monte periurbano”, moi próximo a unha zona densamente poboada e urbanizada, repraesenta unha excelente oportunidade para explorar como mellorar a xestión comunal, xunto con outros intereses e valores, para apuntalar a súa sustentabilidade e recoñecer que todo o patrimonio representa un elemento integral da paisaxe.

Os valores máis destacados do Monte Xalo

Son principalmente as comunidades de fauna e flora vencellados a varios hábitats naturais existentes no monte. Entre as especies destacan tres especies de anfibios: Rana iberica, Rana temporaria e Hyla molleri, as tres catalogadas como vulnerables no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA), e dúas especies de aves: Tartaraña cincenta (Circus pygargus) (recollida no CGEA e o catálogo nacional de especies ameazadas) e a Rula brava (Streptopelia turtur) (catalogada vulnerable a nivel mundial segundo a Lista Vermella da Unión Internacional de Conservación da Natureza IUCN).

Extratexia Galega da Paisaxe

O Monte Xalo está incluído na Estratexia Galega da Paisaxe, polo seu valor visual e panorámico, sendo o lugar con mais visibilidade da comarca das Mariñas.

Existe ademáis tres captacións subterránea de auga rexistradas de auga de Galicia, das cales, dúas son para o suministro do  Concello de Culleredo, cun caudal rexistrado que podería abastecer o consumo medio de 48000 persoas. Sinalar tamén que no monte nace o río Anllóns.

O Monte Xalo, neste sentido, ofrece un contexto excelente para establecer un vínculo entre o patrimonio natural e cultural e a comunidade, tanto a nivel local como supralocal.

Con este proxecto, preténdese involucrar á poboación local co monte comunal, identificando e dando a coñecer o patrimonio como recurso cultural e económico, promocionándoo e valorándoo como elemento que permita artellar unha estratexia de diversificación da economía local.