Proxecto son de xorde no 2017, após a vaga de incendios que destrúe unha parte importante do monte (e non monte) do sur de Galicia, con zona cero no concello das Neves e que percorre unha parte importante do Condado e entra de cheo na cidade de Vigo (mostrando o pouco que separa a urbe do rural en Galicia), concellos de Gondomar, a Serra do Xurés,…
Estes incendios, poñen de manifesto a necesidade de mirar para o monte, e intentar mirar con novos ollos, ou cos mesmos pero cambiando o ángulo da mirada. Un mirada cara ao futuro, unha mirada aos recursos, unha mirade de oportunidades para a Galicia rural e a non tan rural.
Son de monte é iso, é ser de monte dende unha visión moderna, actual, innovadora e que ademais nos tramite múltiples sons (o vento nas follas, os paxaros a cantar, os xabarís a fozar, o lobo a ouvear, o corvo a grallar ou o a vaca a parir). Un monte diverso, como é Galicia, a sociedade e as culturas. Un monte a producir, sen destruír, un monte cheo de vida.
Dentro desta filosofía de traballo e de concepto deseñamos as accións de SON DE MONTE, que ao longo destes 4 anos foron mudando, como mudou a sociedade en xeral (post incendios e post covid). Hai dúas liñas de traballo dentro do proxectos (as accións comúns e as individuais), as primeiras co obxectivo de pro en común experiencias, territorio e axentes e nas individuais (facer da peculariedade territorial un modelo de aproveitamento do monte, que poidan servir para os axentes locais, propietarios/as,.. modelo de inspiración.