Accións

Accións

O ámbito de actuación do proxecto atópase no territorio que abrangue a propiedade do Monte Veciñal en Man Común Xalo. Trátase dunha zona cun gran valor ecolóxico e ambiental, que forma parte dunha Reserva da Biosfera e consta dun destacado valor natural. A súa particular orografía e a súa condición de monte “virxe” ofrece un marco incomparable para a realización de actividades relacionadas coa natureza e o patrimonio, cuestión que se acentúa dada a súa proximidade respecto á cidade de A Coruña e aos núcleos periféricos circundantes. Ademais, a súa condición de “monte periurbano”, moi próximo a unha zona densamente poboada e urbanizada, repraesenta unha excelente oportunidade para explorar como mellorar a xestión comunal, xunto con outros intereses e valores, para apuntalar a súa sustentabilidade e recoñecer que todo o patrimonio representa un elemento integral da paisaxe.

Os valores máis destacados do Monte Xalo

Son principalmente as comunidades de fauna e flora vencellados a varios hábitats naturais existentes no monte. Entre as especies destacan tres especies de anfibios: Rana iberica, Rana temporaria e Hyla molleri, as tres catalogadas como vulnerables no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA), e dúas especies de aves: Tartaraña cincenta (Circus pygargus) (recollida no CGEA e o catálogo nacional de especies ameazadas) e a Rula brava (Streptopelia turtur) (catalogada vulnerable a nivel mundial segundo a Lista Vermella da Unión Internacional de Conservación da Natureza IUCN).

Extratexia Galega da Paisaxe

O Monte Xalo está incluído na Estratexia Galega da Paisaxe, polo seu valor visual e panorámico, sendo o lugar con mais visibilidade da comarca das Mariñas.

Existe ademáis tres captacións subterránea de auga rexistradas de auga de Galicia, das cales, dúas son para o suministro do  Concello de Culleredo, cun caudal rexistrado que podería abastecer o consumo medio de 48000 persoas. Sinalar tamén que no monte nace o río Anllóns.

O Monte Xalo, neste sentido, ofrece un contexto excelente para establecer un vínculo entre o patrimonio natural e cultural e a comunidade, tanto a nivel local como supralocal.

Con este proxecto, preténdese involucrar á poboación local co monte comunal, identificando e dando a coñecer o patrimonio como recurso cultural e económico, promocionándoo e valorándoo como elemento que permita artellar unha estratexia de diversificación da economía local.


No monte Forgo seloatópanse na actualidade zonas nas que efectuáronse diferentes deseños de plantación forestal e xestión (ex. claras) e zonas con vexetación arbustiva que están sendo sometidas a pastoreo co gando vacún de carne e equino. Estableceranse parcelas de demostración control, que se compararán co efecto do pastoreo a través da toma de mostras para estimar o crecemento ea produción do sotobosque, o secuestro de carbono das diferentes zonas  pastoreadas ou non, ea biodiversidade.

As actuacións consistirán en fases de campo, laboratorio e gabinete. Na fase de campo  procederase a sinalización das parcelas, apoio no establecemento das mesmas (colaboración na colocación do cercado incluída, pero nono material) e toma de mostras. No laboratorio  realizaranse as análises correspondentes eno gabinete a emisión de boletíns de resultados.

Fase de campo:

A desenvolver nos tres primeiros meses do estudio. Realizarase a sinalización e establecemento das parcelas, así como a toma de mostras iniciais de solo e vexetación (medición doarborado, transectos de biodiversidade e produción do sotobosque; pódeseincluíra produción micolóxica se houbera).

Fase de laboratorio:

Determinación da produción en termos de materia seca do sotobosque, diferenciando o seus compoñentes leñoso, non consumido polos animais, e foliar, consumible polo gando, e análise do solo asociados á capacidade de intercambio catiónica efectiva, dispoñibilidade de aluminio, calcio, potasio, magnesio e sodio, carbono (incluído fraccionamento asociado a area grosa, fina ea fracción conxunta de limo e arxila).

Fase de gabinete:

Os datos dixitalizaranse e se proveerán en boletíns informativos.

 

Piornedo é unha pequena aldea de alta montaña; está situada a 1200 metros de altitude no corazón da Serra de Ancares. Atópase dentro da Reserva da Biosfera “Os Ancares Lucenses y Montes de Cervantes, Navia y Becerreá”. A principal característica que define o lugar, ademais da súa ubicación, son as pallozas, construcións de forma cónica ou elíptica con parede de pedra de pequeno tamaño e cuberta de palla de centeo, nas que ata fai poucos anos vivían as familias do lugar co seu gando. A orixe destas construcións é prerromana, presumiblemente Celta. As pallozas teñen similitudes coas casas redondas da Idade do Ferro de Gran Bretaña e coas edificacións da cultura Castrexa.

A asociación Teitos de Piornedo, co apoio do proxecto de cooperación Son de Monte, foi a encargada de implementar o proceso de preparación da palla e teitado de pallozas.

Obxectivos:

  1. Valorar a adaptación e a produción de diferentes variedades de centeo, centradas na produción de palla longa e dura, apta para teitar
  2. Ter palla propia para teitar, de maneira que se poidan abaratar custos de comprala fóra.
  3. Conseguir palla de mellor calidade, recuperando variedades autóctonas que se adapten mellor á climatoloxía e ao terreo.
  4. Conseguir teitar as pallozas, implicar a veciñanza, recuperar e transmitir saberes, aproveitar a actividade como reclamo turístico para a montaña.
  5. Establecer sinerxías e crear redes de axuda con outras entidades.

Accións:

  1. O proceso de obtención de palla para teitar, iniciase ca sega do centeo,  que é un proceso moi manual, que xa poucas persoas recordan as habilidades necesarias para facelo ben. Unha vez segado o centeo e atado en mollos, hai que carretalo e colocalo en medas ata o día da mallega.
  2. A mallega é unha xornada de participación e de festa, pero non exclusivamente festiva como se fai en moitos lugares de Galicia, porque o traballo hai que facelo ben para non estragar a palla e que sirva para teitar.
  3. Feita a mallega, ven o proceso de escolmar, que  é un traballo fundamental; separa a palla máis longa e dura da curta e dobrada. Os veciños poden colaborar no escolmado, mesmo os máis vellos, porque non é un traballo moi duro, pero require gran pericia e costume.
  4. A Preparación dos colmos ca palla escolmada , é outro proceso que require de mans moi expertas, os colmos preparados  gardanse coidadosamente ata que os teitadores os colocan nos teitos de pallozas que toca reparar cada ano.

O Monte Veciñal en Man Común (MVMC), é un referente do traballo comunitario, da nosa historia, que se mantén vivo formando parte do presente da sociedade galega, certo é, que moi pouco ou nada difundido, polo que sería importante comprometer o seu coñecemento e defensa para que as actuais e novas xeracións asuman unha herdanza que foi transmitida de nais e pais a fillos e fillas o longo dos séculos, moi ligada o mundo rural, pero que tivo, ten e terá, unha grande incidencia na poboación urbana e na súa calidade de vida, e será clave para proxectos de posta en valor do noso rural.

A creación desta guía Didáctica pretende ser a nosa achega dende este grupo de traballo do INGATECO e a ORGANIZACION GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES.

A quen vai dirixida esta guía didáctica:

  1. A poboación escolar da ESO, e Bacharelato.
  2. Comuneiros e comuneiras.
  3. Veciñanza do rural e de zonas urbanas.

Que obxectivos se pretenden:

Que os alumnos e alumnas desas etapas educativas coñezan, comprendan e avalíen a importancia da propiedade colectiva que representaron e representan os Montes Veciñais en Man Común. Para elo, queremos destacar os seguintes aspectos:

  1. O traballo e a xestión comunitaria da terra.
  2. Identificar esos montes como parte importante da nosa historia.
  3. Os valores que representan. Terían que ser un referente para axudar a construir unha sociedade máis solidaria e cooperativa.

Metodoloxía:

Recursos didácticos a utilizar: un texto básico, conceptos moi claros, ilustracións e fotografías. Composto de tres partes:

  1. Libro/guía para profesores e profesoras, alumnos e alumnas.
  2. Guia dixital para súa presentación en pantalla.
  3. Cuestionario de seguimento e de avaliación para alumnos/as.

Para a posta en marcha dunha parcela piloto para traballos de recuperación de solos queimados, elixiuse unha zona de monte comunal de ribeira no lugar da Estación, Concello de As Neves, arrasada polos lumes de 2017. A elección de esta área ten especial simboloxía para os veciños e veciñas do Condado Paradanta, xa que foi por ese punto por onde cruzou o lume provinte do país veciño. Esa área foi repoboada no ano 2018 a través de accións do voluntariado, o concello de As Neves e a comunidade de montes. As condicións climatolóxicas, a fauna salvaxe e a vexetación alóctona invasora mermaron o éxito da plantación.

Traballos realizados para alcanzar obxectivo:

  1. Delimitación da área a traballar como parcela piloto do proxecto Son de Monte do GDR O Condado.
  2. Identificación e marcación dos exemplares de Castanea sativa para a súa conservación e mellora.
  3. Limpeza manual e eliminación de especies alóctonas (Robinia pseudoacacia e Acacia melanoxylon).
  4. Apertura de buratos e abonado para a plantación.
  5. Reposición de marras e aumento da biodiversidade coa plantación de Prunus avium, Betula alba, Fraxinus excelsior, Pyrus communis e Malus sylvestris.
  6. Colocación de titores e protectores para as árbores.
  7. Documentación e seguimento das accións de rexeneración na parcela piloto.
  8. Paralelamente realizáronse traballos de sensibilización da veciñanza e da comunidade educativa a través do programa de educación ambiental O Monte nace na escola. Estes traballos de sensibilización incluíron a plantación de árbores en zonas de lecer e áreas infantís, moitas delas arrasadas polos lumes no seu día.

Estratexias de recuperación social:

Comezouse a elaboración dun estudo participativo co obxectivo de realizar un traballo (enquisa/entrevista) para coñecer a opinión e o parecer das persoas afectadas, con relación as medidas adoptadas para a rexeneración e mellora do tecido social, produtivo e natural do concello.

Os datos recollidos da parcela piloto, así como as experiencias e observacións recollidas das accións de sensibilización e do estudo participativo serán publicados nun libro branco.


O monte Ourensán de orixe natural destaca pola presenza de variedade follosas autóctonas cun aproveotamento centrado case en exclusiva para a produción de leñas (da corta ou da poda).  Centraremos a experiencia na posta en valor do monte natural, baseado no carballo rebolo, amieiro, bidueiro e salgueiro, abundante no territorio de GDR.

Os montes de Penamá, en Allariz, trasformaron o monte de piñeiros (plantación dos anos 50) nunha pradería de 160 ha na que conviven 180 animais de raza Limiá en extensivo. A alimentación das reses baséase no pasto das pradeiras que rexeneraron no monte e compleméntase con silo, herba seca e penso ecolóxico, a base de cereais como o millo. Encárganse de producir os seus propios forraxes aínda que dependo da seca, algunhas tempadas vense obrigados a mercar máis alimento. Na campaña pasada fixeron arredor duns 250 rolos de silo e uns 1.500 de herba seca.

Obxectivos:

Aplicación da guía silvícola para especie betula ss definida pola consellería e recollida no DOG, ORDEN de 9 de febrero de 2021 por la que se modifica el anexo I de la Orden de 19 de mayo de 2014 por la que se establecen los modelos silvícolas o de gestión forestal orientativos y referentes de buenas prácticas forestales para los distritos forestales de Galicia.

  1. Busca de aproveitamento da madeira retirada nos traballos silvícolas
  2. Deseño dos plans de seguimento e actuación na masa a 50 anos
  3. Deseño da multifuncionalidade da parcela do bido:
  4. Refuxio das vacas limiás
  5. Refuxio de fauna salvaxe
  6. Aniñamento paxaros