II Xornada o 15 de outubro

Son de monte

Son de monte quere ser unha aposta polo futuro. Nace da unión de persoas e proxectos que entenden que o aproveitamento dos recursos naturais é o mellor xeito de coidar os montes e o rural galego. Somos unha afirmación de optimismo que quere ser bandeira dunha vida digna no rural.

II Xornada. As Neves

Cando?

15 de outubro ás 10.00 h

Inscribirse

Programa

HORAACTIVIDAD

10:00

Recepción de asistentes. Café

Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa. As Neves

10:30

Apertura da xornada:

Presidente CMVMC Taboexa.

Presidente GDR Condado Paradanta.

Alcalde Concello de As Neves

11:00

Presentación proxecto de cooperación “Son de Monte”

Obxectivos xerais e do territorio GDR Condado Paradanta

11:15

Presentación “Voluntariado Zona Cero”

Xavier Macías e Sabela Lahuerta

11:35

Presentación “Rexeneración ambiental e concienciación social

Alejandra González

12:15

Acto simbólico aniversario incendios

Plantación de seis árbores: “Seis territorios unidos por un ben común”.

13:00

Visita guiada aos Petróglifos da Coutada

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte. Rede que nos permita ter un espazo de debate e de deseño das liñas xerais que debe seguir a valorización do monte, debullar como debe ser a relación das persoas propietarias e da veciñanza co monte e, ademais, crear o primeiro material de divulgación para os donos e donas das pequenas propiedades forestais.

Son de Monte emerxe da unión de seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para iniciar experiencias piloto de xestión do monte: a rexeneración tras un incendio, a posta en valor do rebolo e do bidueiro, a recuperación do cultivo do centeo, a multifuncionalidade, o patrimonio e a compensación do CO2 en montes comunais.

Organiza

Financia

Colabora